GALEGO: imos cunha receita clásica galega, a zorza, pero desta vez cambiamos o porco por poldro. Xa sabedes que podedes ver máis recetas con carne de poldro na web de PURAGA

Ingredientes para 1 Kg:

  • 1 kg de carne de poldro PRG
  • 4 – 5 dentes de allos limpos
  • 3 culleres soperas de pemento doce
  • ½ culler sopera de pemento picante
  • sal ao gusto
  • un chorriño de viño tinto

Para acompañar:

  • patacas fritidas
  • ovos fritidos

 

Preparación:

Cortamos a carne en anacos pequeniños  e adobamos co pemento doce, co pemento picante, cos allos picadiños en anacos pequeniños, un pouco de viño tinto e o sal.

Remexemos e deixamos tapado na neveira. Durante os seguintes 3 ou 4 días remexemos una vez para que o adobo se reparta ben por toda a carne.

Pasados estes días podemos xa fritir a nosa zorza e acompañamos de patacas e ovos fritidos.

 

 

Entradas relacionadas