Volvemos cunha nova receita de poldro de PRG da man de Puraga: un tataki.
Para este tataki escollemos o solombo, xa que é unha carne tenra e que se desfai soa o comer. No blog encontrades moitas receitas máis con poldro.
Ingredientes para 2 persoas:
- 300 gr de solombo de poldro PRG
- salsa de soia
- pel dunha laranxa
- uns grans de pementa
- sal
- aceite de oliva
- brotes verdes
- sésamo negro
- mostarda en gran
- un pouco de azucre
- cebola crocante
Preparación:
Limpamos o solombo de graxa e o poñemos nun bol e cubrimos con salsa de soia e engadimos uns grans de pementa, un pouco de azucre e unha pel de laranxa.
Deixamos macerar durante unhas 12 horas.
Retiramos o solombo da soia e poñemos a quentar unha tixola ou unha prancha cun chisco de aceite de oliva. Imos dorando a carne por tódolos lados e retiramos a un prato.
Poñemos nun prato un pouco de mostarda en gran e en riba o solombo cortado en anaquiños. Esparexemos por riba uns grans de sésamo negro, un pouco de sal, un pouco de cebola crocante e rematamos cuns brotes verdes.
E prato listo para comer.