GALEGO:

Hoxe imos con Steak tartar de Poldro de Pura Raza Galega. Nesta ocasión unha receita sinxela que se adapta aos gustos no aliño. Comenzamos unha serie de receitas con esta carne.

Desde o principio, en PURAGA, enténdese que a conservación do cabalo galego pasa polo mantemento das grandes greas de bestas bravas nos nosos montes, onde son a raza mellor adaptada e onde cumpren coa súa importante función medio ambiental. Estes animais, producen a partir de forraxe de baixo valor nutritivo, o toxo principalmente, unha carne de gran calidade, que practicamente é descoñecida nas cidades galegas, se ben, nas zonas onde se produce e moi tradicional o seu consumo, tanto en fresco, como en forma de embutidos mesturados con carne de porco.

Esta carne desde o punto de vista dietético a carne de poldro ten as seguintes cualidades:

  • Baixo contido en graxo.
  • Alto contido en glicóxeno e proteínas.
  • Alto contido en ferro asimilable.
  • Moi tenra e de doada dixestión.

Consumindo carne de poldro (POTRO GALLEGO) colaboras non so na conservación desta raza se non tamén do seu sistema de cría, e polo tanto, da conservación das matogueiras e de toda unha paisaxe cultural vinculada.

Ingredientes:

  • 300 gr de solombo de poldro
  • 6 pepinillos
  • 6-8 ceboliñas encurtidas
  • 10 olivas
  • 2 ovos
  • salsa de soia
  • 1 culler de mostaza antiga
  • salsa picante ao gusto
  • 2 aguacates
  • sal
  • pementa negra
  • aceite de oliva
  • tostas de pan

Preparación:

Poñenos nun bol salsa de soia e metemos as xemas dos ovos, mínimo unha hora para curalas. Reservamos. Antes de empratar sacamos as xemas e as poñemos encima de papel absorbente.

Picamos as ceboliñas, as olivas e os pepinillos en anaquiños moi pequenos. Reservamos

Cortamos a carne de solombo en dados pequenos, dun cm, e poñemos nun bol xunto os encurtidos picadiños e engadimos unha culler de mostaza, un pouco de salsa de soia, un pouco de salsa picante e adobamos con sal, pementa moida e aceite de oliva  o gusto. Remenxemos ben.

Nun prato poñemos os aguacates picadiños e enriba a mistura de carne adobada. Colocamos as xemas encima e acompañamos dunhas tostas de pan.

ESPAÑOL:

Hoy vamos a preparar un Steak tartar de Potro de Pura Raza Gallega. Una receta sencilla en la que aliñaremos según nuestros gustos.

Ingredientes:

  • 300 gr de solomillo de potro
  • 6 pepinillos
  • 6-8 cebollitas encurtidas
  • 10 aceitunas
  • 2 huevos
  • salsa de soja
  • 1 cuchara de mostaza antigua
  • salsa picante al gusto
  • 2 aguacates
  • sal
  • pimienta negra
  • aceite de oliva
  • para acompañar: tostas de pan

Preparación:

Ponemos en un bol salsa de soja y metemos las yemas de huevo para que se curen, mínimo una hora. A la hora de emplatar sacamos las yemas y las colocamos encima de un papel absorbente.

Picamos en trozos muy pequeños los pepinillos, las aceitunas y las cebollitas.

Troceamos el solomillo en dados de 1 cm. Ponemos en un bol y mezclas con los encurtidos picados. Aliñamos al gusto con la mostaza, la salsa de soja y la salsa picante. También con sal, aceite de oliva y pimienta molida. Al gusto.

En un plato ponemos los aguacates picados, encima la carne de potro aliñada y acabamos poniendo encima las yemas de huevo y acompañamos de unas tostas de pan.