De novo unha video receita con carne de poldro. Esta vez imos preparar cun saboroso prebe de améndoas e con viño de Oporto. Un acerto para aqueles que lles guste mollar pan.
Máis receitas en: http://puraga.es/carne-de-poldro/consellos-e-recetas/
Ingredientes para 4 persoas:
- 0,5 kg de carne de Poldro PRG para guisar
1 cebola
un puñado xeneroso de améndoas
1 allo porro
2 dentes de allo
medio vaso de viño de Oporto
caldo de verduras ou auga
sal
grans de pementa
2 cravos de olor
unha pizca de noz moscada
aceite de oliva
tomatiños “cherrys”
cebola crocante
1 folla de loureiro
para decorar: frores comestibles, perexil e fiuncho
Preparación
Cortamos a carne de poldro en anacos. Poñemos unha tarteira o lume cun pouco de aceite e cando este quente engadimos os anacos de poldro e os deixamos dourar. Unha vez dourados engadimos a cebola, o allo porro e os dentes de allo troceados.
Imos remenxendo para que se frita todo ben. Engadimos as améndoas, uns grans de pementa, os cravos de olor, a noz moscada, a folla de loureiro e unha chisca de sal. Remenxemos e engadimos o viño de oporto, deixamos que se evapore un pouco o alcohol e engadimos o caldo de verduras. Deixamos cocer todo moi ben sobre uns 20 minutos.
Mentras poñemos un cazo con abundante aceite e cando este quente metemos os tomatiños cuns grans de pementa e retiramos do lume, queremos que se cociñen a medida que o aceite se arrefría.
Xa coa carne tenra a retiramos a un prato e sacamos tamen a folla de loureiro e trituramos as verduras. As pasamos por un coador, para ter un prebe untuoso e poñemos de novo o lume para que se reduzca. Cando este a metade empratamos.
Colocamos a carne nun prato e o redor os tomatiños confitados, vertemos o prebe por riba da carne e rematamos poñendo un pouco de cebola crocante, unhas frores comestibles e unha ramiña de fiuncho e follas de perexil.