Imos preparar un lomo baixo de poldro cun queixo galego especial.
Voltamos de novo con video receitas de poldro de PRG , cada semán iremos publicando unha receita con diferentes cortes de carne e si queredes saber máis so tendes que visitar o seguinte enlace: http://puraga.es/carne-de-poldro/consellos-e-recetas/
Ingredientes para 4 persoas:
4 trozos de lomo baixo de poldro PRG de 250 gr cada un
100 ml de nata
75 gr de queixo azul galego Savel
uns grans de pementa verde
sal
aceite de oliva
brotes verdes
rábanos vermellos
Preparación:
Poñemos un cazo ao lume coa nata e o queixo. Imos remexendo para que se misture e se forme unha crema. Cando este a crema engadimos uns grans de pementa verde e deixamos cociñar un par de minutos. Reservamos quente.
Cortamos o lomo baixo en catro filetes grosos. Poñemos unha sartén o lume cun pouco de aceite e poñemos os lomos. Os imos fritindo por ambos lados ata o punto que nos guste a carne. Cando este frita o gusto engadimos sal e retiramos a un prato.
Por riba da carne poñemos o prebe de nata e queixo e acompañamos cuns brotes verdes e cunhas rodelas de rábanos vermellos.
Servimos quente.