Unha receita con carne de Poldro PRG , unha receita clásica e de culler. Este é un dos pratos que pode formar parte do noso menú semanal sin problema.
E como sempre podedes ver máis recetas en: https://carnedepotrogallego.com/
Ingredientes para 4 persoas:
•500gr de carne de poldro PRG
•500gr de pasta corta
•1 cebola
•1 pemento
•2 tomates maduros
•1 litro de auga ou caldo de verduras
•aceite
•sal e pemento doce
Preparación:
Nunha tixola baixa poñemos un pouco de aceite de oliva e cando este quente engadimos a cebola e o pemento cortado en anacos pequenos. Deixamos que se sofrita ben.
Engadimos os tomates maduros relados e deixamos que se sofrita ben. Engadimos a carne de poldro cortada en anacos e remexemos. Deixamos que se cociñe uns minutos.
Engadimos a pasta, un pouco de pemento doce e sal ao gusto. Cubrimos de auga e deixamos cociñar ata ter a pasta cocida. Probamos de sal e rectificamos se fose necesario.
E xa temos o noso guiso listo.