GALEGO: voltamos cunha receita con carne de poldro Pura Raza Galega, Fricandó, un guiso de carne cos seus cogomelos e cunha salsa para mollar pan.

Podédes ver mais receitas en PURAGA

Ingredientes:

  • Filetes de poldro PRG

  • Cogumelos

  • Fariña

  • Piñóns

  • Unha copa de viño branco

  • Dous tomates maduros

  • Dous dentes de allo

  • Unha cebola

  • Unha folla de loureiro

  • Aceite de oliva

  • Auga

  • Sal

  • Pementa

Preparación:

Cortamos os filetes de poldro en tiras e os salpimentamos ao gusto. Os enfariñamos e reservamos.

Nunha tarteira baixa poñemos un pouco de aceite a quentar. Cando este quente imos fritindo os filetes de poldro polos dous lados. E cando empecen a coller cor os retiramos a un prato e reservamos.

No mesmo aceite engadimos a cebola cortada en anaquiños pequenos e o dente de allo moi picado. Deixamos que se cociñe un pouco e engadimos os tomates relados e o viño branco. Deixamos que se cociñe polo menos uns 5 minutos.

Mentres tostamos nunha tixola cun pouco aceite os piñóns e reservamos.

Engadimos os cogomelos cortados en anacos, a folla de loureiro e engadimos sal e pementa moída o gusto. Cubrimos con auga ou caldo de verduras e deixamos cociñar uns minutos.

Engadimos os filetes de poldro que temos reservado e os piñóns. Deixamos cociñar ata que a carne este tenra. E xa temos o noso fricandó listo para comer.

Entradas relacionadas