GALEGO: outra nova receita con poldro, sinxela e moi rica.

Lembrade que na web www.puraga.es  atopades receitas, consellos e donde poder mercar esta carne.

Ingredientes:

• filetes de poldro galego
• pan relado
• salsa de tomate
• ovo batido
• queixo curado
• queixo San Simón Da Costa
• ourego
• Sal
• Pementa
• Aceite de oliva
• Para acompañar uns brotes verdes

Preparación:

Nun prato fondo poñemos a pan relado e lle engadimos un pouco de sal, pementa e queixo curado relado. Misturamos ben.

Poñemos unha tixola o lume con aceite de oliva a quentar. Pasamos os filetes de poldro por ovo batido e logo polo pan relado.

Fritimos polos dous lados e os poñemos nunha bandexa de forno. Por riba lle botamos salsa de tomate e colocamos un pouco de queixo San Simón Da Costa.

Metemos ao forno a gratinar uns 10 minutos, ata que vexamos que o queixo está fundido e colleu cor.

Retiramos do forno e acompañamos duns brotes verdes.

Entradas relacionadas