De novo cunha receita con poldro Pura Raza Galega. Desta vez fixemos un estofado de orixe alemán onde empregan limón e menta na súa elaboración aportando frescura a esta receita. E o final deste post podedes ver a video receita con todos os pasos explicados.

Esta carne desde o punto de vista dietético a carne de poldro ten as seguintes cualidades:

  • Baixo contido en graxo.
  • Alto contido en glicóxeno e proteínas.
  • Alto contido en ferro asimilable.
  • Moi tenra e de doada dixestión.

Este estofado alemán admite moitos acompañamentos, inda que nesta ocasión o fixemos cunha pasta en espiral podemos acompañar de patacas cocidas, de arroz cocido, dun salteado de verduras, …

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 kilo de carne de poldro PRG ( lomo, xarrete, costelas, …)

  • 115 de panceta

  • 1 cebola cortada fina

  • 2 allos en láminas

  • 2 culleradas de manteiga

  • 1 Pemento verde cortado en anacos

  • 1 Pemento vermello cortado en anacos

  • Ourego, nébodas ou menta

  • peladura dun limón

  • Sal e pementa negra

  • aceite de oliva

  • Para acompañar: pasta, puré de patacas, arroz,…

  • Para rematar o prato: brotes verdes e cebola crocante

Preparación:

Nunha tarteira grande quentamos a manteiga cun pouco de aceite ata que a manteiga se derreta. Engadimos os anacos de carne e salteamos para que se doure por tódolos lados. Unha vez dourada retiramos a un prato e no mesmo aceite engadimos as verduras picadas: o allo, os pementos e a cebola. Deixamos fritir sobre uns 5 minutos.

Engadimos a carne e a panceta picada, deixamos cociñar durante uns 5 minutos. Engadimos un pouco de auga e deixamos estofar durante uns 10 minutos. Engadimos sal e uns grans de pementa. 

Mentres cocemos a pasta ou preparamos o acompañamento escollido. Reservamos.

Engadímoslle o guiso da carne o menta picada, e peladura do limón e un pouco de ourego. Deixamos que se acabe de facer a carne.

Empratamos poñendo o acompañamento, o estofado de carne cun chisco de prebe, uns brotes verdes e a cebola crocante. E acompañamos da pasta cocida.

Servir quente.


Entradas relacionadas