Cando, hai pouco máis de 20 anos, comenzaron os programas de conservación e recuperción das 5 razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción: Caldelá, Cachena, Frieiresa, Limiá e Vianes, a finalidade básica era a de conservar e recuperar o patrimonio zooxenético, para que non desaparecese.
Aos poucos, fóronse engadindo as outras razas autóctonas en perigo, e así, anos máis tarde, comenzaron os traballos de recuperación do Porco Celta, do Cabalo de Pura Raza Galega, da Ovella Galega e da Galiña de Mos, ata que finalmente, hai pouco menos de dous anos, incorporamos a este grupo a Cabra Galega.
Este proxecto quedaría incompleto se non aparecese este libro para por en valor as carnes e así consumir e descubrir as diferentes texturas e sabores que agochan no seu interior.
- Páxinas : 150
- Deseño : Tapas duras
- Data Publicación: 6/06/2012
- Colección: Cociña
- Editorial: BOAGA
- ISBN: 978-84-615-9259-3
- Edición: 1
Valoraciones
No hay valoraciones aún.