GALEGO: unha nova receita con carne de poldro, un arroz con cogumelos e verduras Unha boa opción para o menú diario.
Para coñecer un pouco máis da carne de poldro non deixedes de visitar: PURAGA
Ingredientes para 4 persoas:
- 250 gr de carne de poldro
- 300 gr de arroz de gran redondo
- 100 gr de cogumelos
- 1 cebola
- 1 pemento vermello
- ½ vasiño de salsa de tomate
- 1 dente de allo
- Sal
- Pementa
- Aceite de oliva
- 1 litro de auga ou de caldo de verduras
Preparación:
Cortamos todas as verduras moi pequenas. Poñemos unha cazola baixa o lume e engadimos un pouco de aceite e engadimos a cebola, o dente de allo e o pemento xa picados. Deixamos que se fritan ben e engadimos a salsa de tomate.
Mentres imos cortando a carne en anacos pequenos. Cando temos o sofrito feito engadimos a carne e deixamos que se frita uns 5 minutiños. Engadimos o arroz e remenxemos ben para que o arroz solte todo o “almidón” que ten.
Engadimos os coguemelos e remenxemos. Engadimos o sal e a pementa o gusto. Remenxemos.
Engadimos a auga e deixamos cocer durante uns 15 minutos. Retiramos do lume e deixamos repousar un par de minutos antes de servir.
Nota: si nos gusta máis caldoso podemos engadir máis auga.