Taller en Marín con #pescadoartesanal

O 9 de Decembro ás 20:00h en Marín (Pontevedra)


Dentro das Actividades Promocionais desenvolvidas no Programa de Dinamizaciónda plataforma www.pescadoartesanal.com, o vindeiro martes realizarase un Taller de Preparación e Conservación Artesanal de Peixes.

A actividade,  SEN CUSTO para os participantes, terá lugar o 9 de decembro (20h) no Multiusos situado na Praza de Abastos de Marín.

Trátase dun taller de carácter práctico, pensado para adultos, no que se mostrarán técnicas para conservar os peixes procedentes da pesca artesanal da Ría de Pontevedra:
  • Salgaduras
  • Escabeches.
Durante o taller elaboraranse receitas de cada técnica. Ao finalizar degustarase o cociñado e a cada participante facilitaráselle unha folla coas receitas realizadas. 

obxectivo destes talleres é difundir, promover e dinamizar o sector pesqueiro artesanal, a través do fomento de consumo de 'peixe do día' capturado artesanalmente, ensinando técnicas para a súa preparación e conservación. 

Á súa vez perséguese dar a coñecer a Lonxa Virtual www.pescadoartesanal.com, para pola en valor ante o púbico en xeral (consumidores). 
  
Esta actividade está promovida por Grupo Acción Costeira Ría de Pontevedra, e colaboran Consellería do Medio Rural e do Mar e Fondo Europeo de Pesca

Comentarios

  1. Un taller muy interesante, siempre se aprenden cantidad de buenas cosas.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario